Estimadas familias o vindeiro xoves 22 de marzo ás 17:00 horas na sala de audiovisuias do IES, terá lugar unha charla educativa sobre NEUROEDUCACIÓN, impartida polo Dr e investigador CARLOS SPUCH. O cerebro é un dos grandes órganos do noso corpo e o máis descoñecido. A pesar de que estamos metidos na idade das neurociencias, é unha máquina tan complexa e tan difícil de comprender que cada ano se descobren cousas novas sobre el. Isto tamén axudou a que durante os últimos anos se digan moitas verdades que non o son, por exemplo, usamos o 10% do cerebro ? a música clásica nos fai máis intelixentes? cantas neuronas temos?é importante o tamaño cerebral? Tendo en conta a idade dos noso fillos e adaptándonos aos seus coñecementos, o Dr Carlos Spuch tratará de explicar de forma interactiva, como funciona o noso sistema nervioso, como é o noso cerebro a diferentes idades, ou como o fixo na evolución, e sobre todo como podemos aplicar este coñecemento fronte á educación dos nosos fillos.
Este mércores 28 de febreiro a partir das cinco da tarde, terá lugar un obradoiro de sensibilización e perevención de viloencia de xénero impartida pola Asociación rede de mulleresveciñais contra os malos tratos de Vigo.
ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Preme no seguinte enlace
Estimadas familias, como ben sabedes o pasado mes de novembro a ANPA ofertou una charla sobre a adolescencia impartida por ABC Children, na mesma xurdiron preocupacións sobre o uso dos móviles e dispositivos electrónicos, para resolver as vosas dúbidas imos ofertar uns talleres organizados polo mesmo equipo baseado na comunicación. Consta de catro sesións, unha semanal, comezaría o martes 20 de febreiro de 17.00 a 19.00 h no propio IES. O primeiro taller o subvenciona a ANPA e o resto ten un prezo de 10€ por sesión. Dado que estos temas nos preocupan a maioría dos pais agradeceríamos a vosa participación e nos comuniquedes a asistencia para poder facer mellor a progarmación. Confirmade asistencia antes do luns 19 no teléfono da ANPA 644845229 ou no enderezo electrónico. TALLER ADOLESCENCIA:NOVAS TECNOLOXÍAS HAI DISCUSIÓNS EN CASA POR UN USO EXCESIVO DAS TIC´ S? GUSTARÍAVOS MANEXAR A SITUACIÓN PERO DESBÓRDAVOS?

Debido a que está aberto o prazo para solicitar reserva de praza e como sabemos das inquedanzas que conleva un cambio de ciclo e de centro dos vosos fillos/as , o centro convoca a unha reunión informativa para ter unha primeira toma de contacto para resolver todas as dúbidas e incertezas que teñades sobre o funcionamento do instituto.
O día 6 de febreiro ás 12:30 na sala de audiovisuais.