CONCURSO CARTEL ENTROIDO

Autor Paula

Estimadas familias, este ano imos facer un CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO, o obxecto desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar dita festa.

Bases:
- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os alumnos escolarizados no centro. Cada un poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproducciose totais ou parciais doutras obras.
.- REQUISITOS DOS CARTEIS:
· Tema: Entroido
· Formato: Folio ou cartolina tamaño DIN-A4
· Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…)
· Nos traballos presentados non aparecerá o nome do alumno, se lle asignará un número o entregalo na conserxería do IES
PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo de entrega dos traballos finalizará o día 5 de febreiro
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os carteis deberán presentarse en conserxería.
O xurado estará composto pola directiva do Anpa, e un profesor do IES.
O Xurado valorará a orixinalidade dos traballos e a súa elaboración.
A resolución do xurado darase a coñecer o día 8 de febreiro, e expoñerase o resultado no taboleiro de anuncios do Anpa e no seu blogue.
PREMIOS: serán premiados tres carteis. Os premios consistirán en:
· 5 vales para a cafetería do IES (bocata e bebida) a cada gañador.
O cartel que obteña o primeiro premio será utilizado como póster promocional na festa do IES.

Categoría: