EMISIÓN ESPECIAL DE RADIO TURONIO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA RADIO

Autor Paula

O próximo luns 13 de febrero, con motivo do DÍA MUNDIAL DA RADIO, o instituto Terra de Turonio vai realizar unha emisión especial de radio desde os estudios de Radio Turonio.

O instituto participa nas actividades promovidas por Ponte…nas ondas! desde hai anos a radio escolar constitúe un recurso educativo que se coordina desde o Equipo de Normalización Lingüística.

O Día Mundial da Radio foi proclamado pola UNESCO no ano 2011 e este ano ten como lema A RADIO ES TI ! (www.diamundialradio.org).

A programación especial comezará ás 10.00 hs. e rematará ás 18.30 hs. coincidindo co horario lectivo do centro e será emitida en directo .Toda a programación está realizada polo alumnado e o profesorado do centro contando coa colaboración de persoas e institucións da comarca.

Agardamos que o resultado sexa satisfactorio. En calquera caso, o desafío merece a pena e o exemplo pode ser gratificante para toda a comunidade educativa do instituto.

Boas ondas no Día Mundial da Radio 2017 !

PROGRAMACIÓN DO 13 DE FEBREIRO – DÍA MUNDIAL DA RADIO 2107

10.00–10.05 - Presentación

da xornada especial de Radio Turonio . Alumnado 1ºB.

10.05–10.40 - Entrevista en directo co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Inauguración do portal Web “ESCOLAS NAS ONDAS “. Alumnado de 4º B

10.40–11.15 - CANTARES DO BRIÓN. Entrevista a un alumno membro deste coro tradicional. Alumnado de 4º

11.15–11-30 - A ECOAULA, un modelo de aula sostible. Alumnado de 4º.

11.30–11.45 - A FAMILIA TERRIBLE. Entrevista a dous compoñentes do grupo de música tradicional Os Terribles de Donas . Alumnado de 3º.

11.45–12.00 - UN TEXANO EN TURONIO. Entrevista ao lector de inglés, Peter, de Texas.

12.00–12.15 - ALÓ CANADÁ. Conexión por videoconferencia co ex-alumno Anxo Iglesias desde Canadá. Alumnado de 3º

12.15–12.45 - DELETREANDO. Entrevista coa escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Veja. Alumnado de 4º

12.45—13.00 – NO PUNTO DE MIRA. Programa do alumnado de 1ºA

13.00–13.15 - TEATRO RADIOFÓNICO. Teatro radiofónico en inglés. Alumnado de 3º

13.45–13.45 - DÚO AMEVA. Entrevista co ex-alumno Diego Bea, membro do dúo musical AMEVA. Alumnado de 3º.

13.45–14.00 - CAFÉ IRLANDÉS. Entrevista á familia Hamilton de orixe irlandesa. Alumnado de 1º C

14.00–14.30 - O LEO. Entrevista co cantautor e ex-profesor do centro Leo i Arremecághona. Alumnado de 3ºA

14.30–15.30 - Programas especiais elaborados en Radio Turonio.

15.30–16.00 - Concurso telefónico QUEN CANTA ? Alumnado de 1º.

Chamadas en directo ao teléfono: 639 294 251

16.00–16.30 - Concurso telefónico ONDE ESTÁ O PREMIO ? Alumnado de 3º.

Chamadas en directo ao teléfono : 639 294 251

16.30–17.00 - O MEU CABALO. Programa sobre os cabalos do alumnado do instituto. Alumnado de 3º e 4º.

17.00—17.30 – FILL@S DO GALIÑEIRO. Programa do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural

17.30–17.45 – CARLOS CASARES. Letras Galegas 2017. Programa do alumnado de PEMAR

18.00 – 18.15 - Despedida da programación especial do DÍA MUNDIAL DA RADIO. Alumnado de 1º.

 

Categoría: