CHARLA "AS NOVAS TECNOLOXÍAS"

Autor Paula

Internet e as redes sociais representan unha oportunidade para o teu fill@ así como un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe, pero tamén supón unha serie de riscos, que ás veces poñen en entredito os seus evidentes beneficios.

Por iso, parécenos importante que asistan a charla informativa sobre "As novas tecnoloxías: perigos de internet e redes sociais" que se vai celebrar no Centro o día 23 de febreiro, ás 19:30 na biblioteca do instituto, para taratar este tema. A finalidade desta charla é proporcionarlles ás familias ferramentas para que poidan guiar axeitadamente aos seus fillos no uso das novas tecnoloxías.

Esta actividade está incluída no Plan Director e será impartida por un axente da Garda Civil.

 

 

Categoría: