CAMPAMENTOS DE VERÁN XUNTA 2017

Autor Paula

Ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2017 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saiu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 73 do 17/abril/2017) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2017” para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 30 anos.

Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 2 DE MAIO DE 2017, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

Campamentos verán XUNTA

Categoría: