BANCO DE LIBROS

Autor Paula

Prezadas familias,

Esta semana enviamos unha circular a todos os alumnos coas instruccións para solicitar formar parte do Banco de libros da ANPA, para esto tedes que encher a ficha do Banco de libros e deixala no buzón do ANPA, na secretaría do IES,ou por correo electrónico, o prazo para facer a solicitude remata o 1 de setembro , pero xa que o centro pecha en Agosto suxerimos facelo canto antes para poder facer nós unha previsión dos exemplares necesarios. Na mesma nota pon que tedes que facer o ingreso da cota de socio no momento da solicitude, pero debido as comisións que cobra ABANCA decidimos que podedes pagala xunto ca cota dos libros no mes de setembro.

Recordamos que o mércores 28 de Xuño de 18:00h a 20:00h será a recollida de libros para os alumnos que aproben todo en Xuño , ese día podedes entregarnos as fichas cubertas por se tedes algunha dúbida.

Categoría: