Incidencias autobús

Autor Yola qr

O pasado día 16 de outubro de 2017, unha nai nos informa de que, a saída do instituto, a condutora do autobús que fixo a liña de Vincios-Chaín-Morgadáns-Peitieiros, deixou conscientemente a tres alumnos na explanada, negándose rotundamente a esperar por eles aínda que foi avisada polos irmáns dos afectados.

Este autobús tiña un cor diferente e non levaba cartel co itinerario, polo que as nenas non souberon a tempo cal era o seu bus. A condutora non só se negou a esperar, se non que ademais foi maleducada e desagradable cos nenos.

Por outra banda, recíbense queixas da mesma liña por chegar habitualmente tarde e concorrendo en exceso de velocidade co consecuente perigo na seguridade dos alumnos e os demais usuarios das vías públicas.

Por estes motivos, a ANPA púxose en contacto ca dirección do instituto e ca empresa mediante cartas e vía telefónica para tentar solucionar estes problemas.

A resposta da empresa polo de agora foi positiva, e prometeron tomar cartas no asunto. Dixeron que xa tiñan queixas de esta condutora, pero que era moi importante recibilas por escrito para poder actuar en consecuencia.

Polo de pronto, quedamos a espera a ver si é certo que fan algo ó respecto.

Se algún de vos ten algunha outra incidencia co transporte (ou calquera outro tema) facérnolo chegar.

 

 

Categoría: