Quen Somos

 

Todos os membros da asociación vos damos a benvida a este novo proxecto. Únete a nós facéndote socio, coa túa colaboración poderemos realizar actividades educativas e colaborar co instituto nas necesidades que surxan.

A directiva da ANPA está formada por nais e pais coma ti, de nenos e nenas do instituto, que tratán de axudar e aportar cada un o seu grao de area para que o noso centro educativo sexa mellor. Un dos obxectivos da ANPA é a proximidade e facilidade de comunicación entre os integrantes da mesma e as persoas que por diferentes circunstancias necesiten un referente para os temas relacionados co noso IES.

  • Atendemos ás nais, pais e titores para intentar resolver as súas demandas ou trasladalas ao consello escolar.
  • Promovemos actividades formativas dirixidas a alumnos/as, nais, pais e titores.
  • Fomentamos, estimulamos e facilitamos a participación de nais, pais e titores dos alumnos na xestión do centro.
  • Seguimos co banco de libros para que as familias poidan asumir o custe dos estudos dos seus fillos.