Convocatorias

Por medio do presente escrito, e conforme o acordo alcanzado en Xunta Directiva con data 21 de febreiro convocámosvos a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDIARIA, a cal se celebrará o vindeiro martes 7 de marzo ás 18:30 h en 1º convocatoria e 19:00 h en 2º convocatoria e que terá lugar no salón de actos do Instituto


A orde do día será o seguinte:
1.Lectura do acta da Asemblea Xeral anterior .
2.Aprobación da partida para a excursión dos alumnos socios de 4º da ESO.
3.MODIFICACION DOS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN. Os nosos estatutos foron aprobados no ano 2005, e atópanse adaptados á Lei Orgánica 1/2002 reguladora do Dereito de Asociación. Queremos introducir algúns cambios recomendados pola Federación de Anpas da que somos socios.Tal como establecen os estatutos, poderedes comunicar emendas ao borrador destes mediante correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entregándoos na secretaria do Instituto. Na Asemblea debateranse estas emendas.
 4. Rogos e preguntas.

Toda a documentación necesaria para esta Asemblea atópase a disposición dos asociados na web do ANPA anpaterradeturonio.org/anpa.
A Asemblea é onde podemos compartir as nosas inquietudes e ideas para coñecer e mellorar o funcionamento da nosa Asociación. Animámosvos a que asistades e acheguedes as vosas iniciativas.
Recibide un forte
Abrazo
DIRECTIVA DA ANPA