Banco de Libros

 

O Anpa pon a disposición dos seus membros un banco de libros solidario que conta con máis de 900 exemplares dos libros de texto que se están a utilizar na actualidade no IES Terra de Turonio. O ANPA compra, ademais, cada ano, todos os libros necesarios para satisfacer as necesidades das familias socias. 

Para beneficiarse do Banco de Libros é imprescindible ser socio do Anpa. Se aínda non o eres, podes descargar a ficha de alta aquí:  Ficha de alta de novas familias socias.

Normas do Banco de Libros

As seguintes normas son de obrigado cumprimento para todos os beneficiarios do Banco de Libros:

  • Pertencer ao ANPA e estar ao corrente dos pagos da cota do ANPA.
  • Respectar as datas límites para anotarse no banco.
  • Abonar a cota extraordinaria que se estipule, para facer fronte á compra de máis exemplares, segundo a necesidade de cada curso.
  • Colaborar na organización.
  • Respectar as datas de recollida e entrega dos libros.
  • Cumprir as normas de conservación dos libros:
    • Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 1€ por libro.
    • Os libros terán que devolverse en bo estado. Non se pode escribir neles, nin subliñar, nin maltratalos.
    • A perda ou deterioro dun libro penalizarase con 15€.
  • O alumnado de 4º abonará unha fianza de 20€ que se lle reembolsará cando devolva todos os libros, en bo estado.
  • Admítense doazóns de libros que non serán remuneradas, máis si poderán descontarse da cota no caso de que se leve algún libro para outro curso, na razón de máximo 1 a 1.

Aínda que as normas do banco son para todos, e tendo en conta que o banco de libros é solidario, poderanse estudar casos de necesidades especiais. Se tes algunha dúbida ou problema, por favor ponte en contacto co ANPA por teléfono ou wasap no número 644 845 229, ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..