Faite socio

Colabora Connosco

Asistindo ás reunións periódicas da ANPA.

Asistindo ás asembleas que se convocan ao longo do curso.

Participando nas actividades que se organicen.

Usando o buzón da ANPA, onde podedes deixar notas, comentarios, suxestións, ideas, críticas, propostas...

Usando recursos como este blog e a conta de correo da ANPA.

Hai tantas formas de colaborar como pais e nais. Podes propoñer a túa.

E se queres facelo pero non podes, contacta connosco e buscaremos xuntos unha solución.


Como facerse socio do ANPA

As familias que teñan un ou máis nenos estudando no IES Terra de Turonio poderán facerse socias do ANPA e gozar das vantaxes que isto implica, como a de participar no Banco de Libros, etc.

 

Se aínda non sodes socios e queredes selo:

Deberedes de facer o seguinte:

  • Descargar a ficha e cumprimentar os datos.
  • Ingresar 10€ na conta do ANPA en ABANCA. Non esquezas indicar o nome e apelidos dos alumnos, para que poidamos saber que ese ingreso correspóndese con esa familia. Se ademais queredes participar no Banco de Libros, o ingreso terá que estar feito antes do 1 de setembro.
  • Grampar o xustificante do banco xunto coa ficha e depositalos no buzón do ANPA, que está no recibidor do instituto, ao lado do local do ANPA.

Unha vez recibida a vosa solicitude, crearémosvos un usuario, e recibiredes un email coa información necesaria para que poidades entrar na plataforma do ANPA, onde xestionaredes os vosos datos, o cambio de curso dos vosos fillos, os libros que vos interese pedir no banco, etc. Por isto, é moi importante que o email indicado na ficha sexa correcto e perfectamente lexible.

 

Se xa sodes socios e queredes renovar:

Se sodes socios xa dispoñedes dun usuario e contrasinal para poder acceder á plataforma. Para renovar, soamente teredes que actualizar os datos dos alumnos co curso correspondente e solicitar os libros cando se os avise, xerar o recibo e pagar a cota.

Datos para o pagamento da cota:

Banco:            ABANCA

IBAN:              ES81 2080 5035 0530 4001 3447

Importe:          10€ por familia ou o importe que figure no recibo, segundo os libros solicitados.

Concepto:       Cota ANPA - Nome e apelidos do alumno (moi importante para identificar quen fai o pago).

Beneficiario:   ANPA MIÑOR - TERRA DE TURONIO.