NEUROEDUCACIÓN E NEUROMITOS

Autor Paula
Visitas: 40

NEUROEDUCACIÓN E NEUROMITOS

Estimadas familias o vindeiro xoves 22 de marzo ás 17:00 horas na sala de audiovisuias do IES, terá lugar unha charla educativa sobre NEUROEDUCACIÓN, impartida polo Dr e investigador CARLOS SPUCH.
O cerebro é un dos grandes órganos do noso corpo e o máis descoñecido. A pesar de que estamos metidos na idade das neurociencias, é unha máquina tan complexa e tan difícil de comprender que cada ano se descobren cousas novas sobre el. Isto tamén axudou a que durante os últimos anos se digan moitas verdades que non o son, por exemplo, usamos o 10% do cerebro ? a música clásica nos fai máis intelixentes? cantas neuronas temos?é importante o tamaño cerebral?
Tendo en conta a idade dos noso fillos e adaptándonos aos seus coñecementos, o Dr Carlos Spuch tratará de explicar de forma interactiva, como funciona o noso sistema nervioso, como é o noso cerebro a diferentes idades, ou como o fixo na evolución, e sobre todo como podemos aplicar este coñecemento fronte á educación dos nosos fillos.

Cartel charla

CAMIÑO O BO TRATO

Autor Paula
Visitas: 46

Este mércores 28 de febreiro a partir das cinco da tarde, terá lugar un obradoiro de sensibilización e perevención de viloencia de xénero impartida pola A22008308 1174988372638706 4393890136575533044 nsociación rede de mulleresveciñais contra os malos tratos de Vigo.

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS, XUNTA

Autor Paula
Visitas: 46

ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Preme no seguinte enlace

Axudas

TALLER ADOLESCENCIA, NOVAS TECNOLOXÍAS

Autor Paula
Visitas: 42

Estimadas familias, como ben sabedes o pasado mes de novembro a ANPA ofertou una charla sobre a adolescencia impartida por ABC Children, na mesma xurdiron preocupacións sobre o uso dos móviles e dispositivos electrónicos, para resolver as vosas dúbidas imos ofertar uns talleres organizados polo mesmo equipo baseado na comunicación. Consta de catro sesións, unha semanal, comezaría o martes 20 de febreiro de 17.00 a 19.00 h no propio IES. O primeiro taller o subvenciona a ANPA e o resto ten un prezo de 10€ por sesión.
Dado que estos temas nos preocupan a maioría dos pais agradeceríamos a vosa participación e nos comuniquedes a asistencia para poder facer mellor a progarmación. Confirmade asistencia antes do luns 19 no teléfono da ANPA 644845229 ou no enderezo electrónico.
TALLER ADOLESCENCIA:NOVAS TECNOLOXÍAS
HAI DISCUSIÓNS EN CASA POR UN USO EXCESIVO DAS TIC´ S?
GUSTARÍAVOS MANEXAR A SITUACIÓN PERO DESBÓRDAVOS?

Ler máis...

TALLER ADOLESCENCIA, NOVAS TECNOLOXÍAS

Autor Paula
Visitas: 36

CONVOCATORIA REUNIÓN INFORMATIVA NOVOS ALUMNOS

Autor Paula
Visitas: 51

Debido a que está aberto o prazo para solicitar reserva de praza e como sabemos das inquedanzas que conleva un cambio de ciclo e de centro dos vosos fillos/as , o centro convoca a unha reunión informativa para ter unha primeira toma de contacto para resolver todas as dúbidas e incertezas que teñades sobre o funcionamento do instituto. 

O día 6 de febreiro ás 12:30 na sala de audiovisuais.