ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Autor Paula
Visitas: 394

Pola presente, convocamos a todos os/as socios/as da ANPA do IES TERRA DE TURONIO a unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, a celebrar o vindeiro LUNS, DÍA 17 DE XUÑO, ás 18:45 horas en primeira convocatoria e ás 19:15 horas en segunda convocatoria, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde do día:

1.Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Presentación do estado de contas do curso 2018/19.
3. Banco de libros.
4. Memoria actividades curso 2018/19.
5. Proposta actividades extraescolares próximo curso.

6. Rogos e preguntas.

Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia. Un saúdo, Directiva ANPA MIÑOR.

FONDO LIBROS XUNTA

Autor Paula
Visitas: 85

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao Fondo Solidario da Xunta. 

O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño

O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda

No caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da renda

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar

Ademais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para
adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 

 

CHARLA RISCOS ASOCIADOS O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Autor Paula
Visitas: 61

Día 12, as 7 da tarde charla da Guardia civil na sala de audiovisuais do IES Terra de Turonio.

Prevención dos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxìas e o uso de redes sociais.Perigos internet

COMO OS NOSOS HÁBITOS AFECTAN O CEREBRO

Autor Paula
Visitas: 52

O vindeiro martes 12 de febreiro ás 19:00 h na sala de audiovisuais do IES , o neurobiólogo Carlos Spuch ofrecerá  unha charla para pais sobre " Cómo os nosos hábitos afectan o cerebro"

CHOCOLATADA DE NADAL

Autor Paula
Visitas: 77

O venres 21 de decembro por segundo ano consecutivo e para celebrar o Nadal , a ANPA convidará a todo o centro a unha chocolatada no patio do IES,

 chocolatada

REUNIÓN E-DIXGAL

Autor Paula
Visitas: 82

Reunión e-dixgal 1º ESO. Martes 9 as 18:00 no salón de actos
Reunión para aquelas familias sin internet. Reunión aberta a calquera que queira vir . Coordinadora Luisa Pita

BENVIDOS A UN CENTRO EDIXGAL

Autor Paula
Visitas: 82

Este curso 2018-2019 que comenza bótase a andar por primera vez este novo proxecto no centro.

E-DIXGAL supón continuar apostando polas novas tecnoloxías dixitais nos métodos de aprendizaxe modernos.

No menú da páxina do cectro chamado AULAS E-DIXGAL poderedes atopar novas e calquera comunicación ou tema relacionado que afecte ao centro.Aulas edixgal

BENVIDOS A UN CENTRO EDIXGAL

Autor Paula
Visitas: 82

Este curso 2018-2019 que comenza bótase a andar por primera vez este novo proxecto no centro.

E-DIXGAL supón continuar apostando polas novas tecnoloxías dixitais nos métodos de aprendizaxe modernos.

No menú da páxina do cectro chamado AULAS E-DIXGAL poderedes atopar novas e calquera comunicación ou tema relacionado que afecte ao centro.Aulas edixgal

REUNIÓN TITORÍAS

Autor Paula
Visitas: 80

O mércores 26 de setembro as 17h haberá reunión cos titores para as familias do alumnado matriculado en 1°, 2°, 3° e 4° da ESO.

NORMAS EDIXGAL

Autor Yola qr
Visitas: 143

Consellos

1.- O ordenador leva incluído un seguro contra malfuncionamento e danos normais.
2.- O Seguro NON cobre o ROUBO. Facer fincapé aos fillos. O ordenador deberá estar con eles excepto no recreo que se pecharán nas aulas.
3.- Recomendámos deixar o lapiz dixital na casa, e telo a bo resguardo, xa que si se perde o teredes que repoñer e é bastante caro.
Ler máis...