CONCURSO CARTEL ENTROIDO

Autor Paula
Visitas: 41

Estimadas familias, este ano imos facer un CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO, o obxecto desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar dita festa.

Bases:

Ler máis...

CHOCOLATADA DE NADAL

Autor Paula
Visitas: 44

Estimadas familias, o xoves 21 pola mañán a ANPA invita ó alumnado a unha chocolatada no patio do IES tamén haberá rosquillas para mollar. Se algún neno ou nena tivese algunha intolerancia a algún alimento ,debería poñerse en contacto connosco. Esperamos que os guste e aproveitamos para desexarvos unhas Felices Festas !!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Autor Paula
Visitas: 51

Estimados socios/as
Este ano por primeira vez en Nadal, colaboraremos coa Operación Quilo destinada a recoller alimentos para persoas necesitadas da nosa contorna. O punto de recollida será no IES , os próximos días 1, 4 e 5 de decembro en horario de 9:30 a 13:30 , e o luns tamén en horario de tarde de 17:00 a 19:00.

Ler máis...

PONTE NAS ONDAS

Autor Paula
Visitas: 48

Ponte…nas ondas! retransmitiu hoxe 16 de novembro dende o Museo do Mar, en Vigo, un magazine audiovisual con persoas convidadas que abordaron diferentes aspectos das cantigas de amigo e do pergamiño Vindel. O programa foi conducido por alumnado do IES Terra de Turonio de galego e portugués, baixo o título ‘Retransmitindo o Vindel’, aproveitando o Día Internacional do Patrimonio e a presenza en Vigo do pergamiño de Martín Codax.

Podedes mirar o video no seguinte enlace.     Retransmitindo o Vindel

CHARLA XESTIONANDO ADOLESCENTES

Autor Paula
Visitas: 51

Estimados socios/as o vindeiro xoves 23 de novembro as 18:30h na sala de audiovisuais do IES, terá lugar unha charla a cargo de "ABC Children Psicoloxía e terapia familiar", nesta charla nos darán as claves para comprender os nosos fillos/as adolescentes e mellorar a calidade da vida doméstica.
Esta charla ten unha duración aproximada de unha hora, deixando un rato o final para que os pais vos animedes a facer preguntas . Estades todos convidados.

Incidencias autobús

Autor Yola qr
Visitas: 80

O pasado día 16 de outubro de 2017, unha nai nos informa de que, a saída do instituto, a condutora do autobús que fixo a liña de Vincios-Chaín-Morgadáns-Peitieiros, deixou conscientemente a tres alumnos na explanada, negándose rotundamente a esperar por eles aínda que foi avisada polos irmáns dos afectados.

Ler máis...