CHARLA XESTIONANDO ADOLESCENTES

Autor Paula
Visitas: 107

Estimados socios/as o vindeiro xoves 23 de novembro as 18:30h na sala de audiovisuais do IES, terá lugar unha charla a cargo de "ABC Children Psicoloxía e terapia familiar", nesta charla nos darán as claves para comprender os nosos fillos/as adolescentes e mellorar a calidade da vida doméstica.
Esta charla ten unha duración aproximada de unha hora, deixando un rato o final para que os pais vos animedes a facer preguntas . Estades todos convidados.

Incidencias autobús

Autor Yola qr
Visitas: 134

O pasado día 16 de outubro de 2017, unha nai nos informa de que, a saída do instituto, a condutora do autobús que fixo a liña de Vincios-Chaín-Morgadáns-Peitieiros, deixou conscientemente a tres alumnos na explanada, negándose rotundamente a esperar por eles aínda que foi avisada polos irmáns dos afectados.

Ler máis...

DEVOLUCIÓN LIBROS SETEMBRO

Autor Paula
Visitas: 110

Bo día, recordamos que o día 6 de setembro de 11 a 14h , deberán devolver os libros do ANPA e da Xunta, os alumnos con pendentes de setembro.
Tamén recolleremos as doazóns de libros mercados por vos, xa sabedes que por cada libro doado recibiredes outro a cambio sen costo.

DONACIÓNS

Autor Paula
Visitas: 109


Dende a Anpa queremos agradecer as aportacións que se fixeron ao banco de libros. Decirvos tamén que seguiremos recollendo libros durante o mes de xullo e a primeira quincena de setembro, no centro deixamos uns impresos no que tedes que por o nome do alumno, o teléfono e os libros que donades. Recordade que por cada libro que donedes, recibiredes un a cambio do curso que necesitedes.

Grazas pola vosa colaboración.

CALENDARIO ESCOLAR SETEMBRO

Autor Paula
Visitas: 135



Entrega de boletíns de notas o día 6 de setembro ás 10 h. (Non haberá transporte)
Reclamacións os días 6 e o 7 de setembro de 10 a 11 h
Devolución de libros de texto o día 6 de setembro de 11 a 14 h
Matrícula de 3º e 4º de ESO o día 7 de 9 a 14 h
Matrícula de 1º e 2º de ESO o día 8 de 9 a 14 h