O venres 11 de novembro tal e como comunicou o centro celebrará o Magosto en Montecastelo durante toda a mañá. A actividade consistirá en subir andando todo o centro ata a area de lecer de Montecastelo onde pooderán comer castañas asadas por convite da ANPA que se fará cargo d o coste das mesmas e da súa elaboración.
Todo un éxito a actividade Xincana educativa contra a violencia e pola igualdade celebrada os días 4 e 5 de outubro con todo o alumnado do centro e a charla posterior coas familias para explicar os recursos aplicados e concienciar e involucrar os titores sobre estas accións de igualdade e violencia de xénero.
Xa se achega o Samaín! Así que, para celebralo como é debido, compartimos con vós este polítptico elaborado polo Departamento de Lingua Galega. Nel poderedes atopar a explicación desta nosa tradición que, desde os 90, demos en chamar xenericamente Samaín e a inspiración para vos disfrazar, porque, aínda que os disfraces non formen parte, estritamente, da nosa tradición, se non vos podedes resistir, si que podedes inspirarvos en figuras terroríficas de noso. E hai moitas!! guía samaín
As familias que non asistieron a recoller onte os libros poden ir antes do comenzo da reunión, ( aínda non temos os volumen de 3° e 4° da ESO de música).
Dende a ANPA Miñor recordamos que mañán xoves 15 haberá unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda convocatoria, ,( no anexo do IES, sala da ANPA) COA SEGUINTE ORDE DO DÍA: - Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. - Exame de contas. - Presuposto para o curso 2022/2023. - Varios. - Rogos e preguntas. Ao rematar a mesma, procederemos a celebrar unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA con un único punto na orde do día: - Comunicación de baixas da Xunta Directiva e elección de novos membros de esta. Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia. Un saúdo, Directiva ANPA MIÑOR.
Xa está no centro o listado da resolución das axudas para adquirir material escolar, os vales se poden recoller a partir do 22 de xullo na secretaría do centro.