RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Autor Paula

Estimados socios/as
Este ano por primeira vez en Nadal, colaboraremos coa Operación Quilo destinada a recoller alimentos para persoas necesitadas da nosa contorna. O punto de recollida será no IES , os próximos días 1, 4 e 5 de decembro en horario de 9:30 a 13:30 , e o luns tamén en horario de tarde de 17:00 a 19:00.
Podedes colaborar achegando, a través dos nenos ou vos mesmos, produtos non perecedoiros a curto prazo como legumes, arroz, pasta, fariña, leite, aceite, conservas, produtos de Nadal....etc.
Grazas pola vosa colaboración.

Categoría:
No Internet Connection