Estimadas familias o vindeiro xoves 22 de marzo ás 17:00 horas na sala de audiovisuias do IES, terá lugar unha charla educativa sobre NEUROEDUCACIÓN, impartida polo Dr e investigador CARLOS SPUCH.
O cerebro é un dos grandes órganos do noso corpo e o máis descoñecido. A pesar de que estamos metidos na idade das neurociencias, é unha máquina tan complexa e tan difícil de comprender que cada ano se descobren cousas novas sobre el. Isto tamén axudou a que durante os últimos anos se digan moitas verdades que non o son, por exemplo, usamos o 10% do cerebro ? a música clásica nos fai máis intelixentes? cantas neuronas temos?é importante o tamaño cerebral?
Tendo en conta a idade dos noso fillos e adaptándonos aos seus coñecementos, o Dr Carlos Spuch tratará de explicar de forma interactiva, como funciona o noso sistema nervioso, como é o noso cerebro a diferentes idades, ou como o fixo na evolución, e sobre todo como podemos aplicar este coñecemento fronte á educación dos nosos fillos.