COMEZO DO CURSO

Autor Paula

Calendario escolar Galicia 2020/2021
A Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2020/2021 nos centros sostidos con fondos públicos, establece o seguinte calendario escolar:

COMEZO E REMATE DO CURSO:
Educación Infantil (2º ciclo), Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño, ambos incluídos.
Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional: Do 23 de setembro ao 22 de xuño, ambos incluídos.
No 2º curso de bacharelato as clases rematarán de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
Ensinanzas de Réxime Especial: Do 23 de setembro ó 30 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e certificación.

COMEZO ESCALONADO DE CLASES POR COVID-19: MODIFICACIÓNS

De acordo coa Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, FormaciónProfesional e Innovación Educatva pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21, as clases comezaban cun calendario determinado que o día 11 de setembro o Portal de Educación modificou, como se pode ver neste enlace.

As clases de secundaria obrigatoria, bacharelato, FP e FP Básica comezan unha semana máis tarde, según o seguinte calendario:
DATA DE COMEZO DAS CLASES 2020
ESO
1º, 2º        23 SETEMBRO
3º             24 SETEMBRO
4º             25 SETEMBRO
Bacharelato
1º             23 SETEMBRO
2º             24 SETEMBRO
Formación Profesional
1º CM 1º CS       23 SETEMBRO
2º CM 2º CS       24 SETEMBRO
FPB                    25 SETEMBRO

Categoría:
No Internet Connection