PROTOCOLO COVID PARA AS FAMILIAS

Autor Paula

Despois de comezar o curso, temos que ter especial coidado en detectar posibles casos positivos de COVID por iso lembramos unha vez máis o que hai que facer en caso de que algún alumno/a ou alguén da súa contorna próxima tal como asinastes na declaración responsable:

-Se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19, poñéndose en contacto co seu pediatra e con algunha das persoas membros do equipo COVID do centro educativo (a dirección)

-Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro (a directora).

Na presentación que vos amosamos a continuación esperamos resolver algunhas dúbidas deste protocolo Covid que atinxe ás familias, así como a autoavaliación que debemos facer todos os membros da comunidade educativa antes de acudir ao centro.  Protocolo

Categoría:
No Internet Connection