No DOG do 12 de Novembro de 2020 ven de publicarse a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019-2020.
O exalumno do centro D. Josué Troncoso Campos resultou garlardonado cun destes premios, que están dirixidos a alumnado que destacase polo seu rendemento académico na ESO, como foi o caso de Josué.
Este alumnado ten que superar unha proba na que demostren os seus coñecementos e habilidades adquiridas na etapa. Os 20 millores de Galicia levan un premio que ten unha dotación económica e un recoñecemento no expediente.
Os nosos parabéns!!! E os millores desexos para a prometedora traxectoria deste excelente alumno