ASEMBLEA ORDINARIA 18 DE XUÑO

Autor Paula

Pola presente, convocamos as socias e socios da ANPA do IES TERRA DE TURONIO a unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, a celebrar o vindeiro VENRES, DÍA 18 DE XUÑO, ás 17 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, no patio cuberto do instituto, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
- Presentación do estado de contas do curso 2020/21.
- Información sobre o Banco de libros.
- Memoria actividades curso 2020/21.
- Proposta actividades para o próximo curso.
- Aprobación compra axendas curso 2021-22.
-Varios.
- Rogos e preguntas.
Ao rematar a mesma, procederemos a celebrar unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA coa seguinte orde do día:
- Aprobación da cota da Anpa.
Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia.
Un saúdo,
Directiva ANPA MIÑOR. anpaterradeturonio.org

Categoría:
No Internet Connection