COMO FACERSE SOCIO DA ANPA

Autor Paula

As familias que teñan un ou máis nenos estudando no IES Terra de Turonio poderán facerse socias do ANPA e gozar das vantaxes que isto implica, como a de participar no Banco de Libros, etc. Se aínda non sodes socios e queredes selo: Deberedes de facer o seguinte: • Graba o teléfono do ANPA, 644 845 229, nos teus contactos. Se non o fas non recibirás as mensaxes que enviamos a todas as familias. • Envíanos un whatsapp cos seguintes datos: o O teu email, imprescindible para crear o teu usuario na aplicación. o O nome, apelidos e curso dos teus fillos, para crear o voso contacto de whatsapp. Unha vez recibida a vosa solicitude, crearémosvos un usuario, e recibiredes un email coa información necesaria para que poidades entrar na plataforma do ANPA, onde xestionaredes os vosos datos, o cambio de curso dos vosos fillos, os libros que vos interese pedir no banco, etc. Por isto, é moi importante que te asegures de que o email indicado é correcto. Se xa sodes socios e queredes renovar: Entra na plataforma co voso usuario e contrasinal e confirma que queredes ser socios no vindeiro curso. Non esquezas indicar o novo curso dos vosos fillos e reservar os libros se os necesitades.

Categoría:
No Internet Connection