Dentro do ciclo de coferencias impartidas pola Garda Civil, o xoves 21 de abril de 17 a 19 horas, na sala de audiovisuais dará unha charla sobre
" O PERIGO DAS DROGAS E ALCOL"
A charla enmárcase no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas
Entre os consellos que se darán na charla están os seguintes:
O seu consumo ten consecuencias moi graves para a túa saúde. Non te creas as marabillas que produce o seu consumo. Son mentira. Crean unha forte dependencia e adicción.
Para conseguilas pódeste ver obrigado a cometer delitos. As drogas e o alcol poden causar graves danos ao teu cerebro e modificar o teu comportamento, aínda que só as tomes as fins de semana.
Podes arruinar a túa vida e a dos que che queren (familia, amigos, compañeiros, etc.). E non toleres o tráfico de drogas nos recintos escolares, pensa nos máis novos. Comunica estas situacións aos profesores, aos pais ou ás forzas de seguridade, a túa axuda é necesaria.