Asemblea xeral ordinaria xuño 2023

Autor Paula

Pola presente, convocamos as socias e socios da ANPA do IES TERRA DE TURONIO a unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, a celebrar o vindeiro día 20 DE XUÑO, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria, na sala de audiovisuais do IES, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Presentación do estado de contas do curso 2022/23.

3. Información sobre o Banco de libros.

4. Memoria actividades curso 2022/23.

5. Proposta actividades para o próximo curso.

6. -Varios.

7. Rogos e preguntas.

Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia.

Un saúdo

A directiva

Categoría:
No Internet Connection