Banco de Libros

 

O ANPA pon a disposición dos seus membros un banco de libros solidario que conta con máis de 900 exemplares dos libros de texto que se están a utilizar na actualidade no IES Terra de Turonio. O ANPA compra, ademais, cada ano, todos os libros necesarios para satisfacer as necesidades das familias socias. 

Para beneficiarse do Banco de Libros é imprescindible ser socio do ANPA. Se aínda non o eres, podes ver aquí as instruccións para entrar.

Normas do Banco de Libros

As seguintes normas son de obrigado cumprimento para todos os beneficiarios do Banco de Libros:

  • Pertencer ao ANPA e estar ao corrente dos pagos da cota do ANPA.
  • Respectar as datas límites para anotarse no banco.
  • Abonar a cota extraordinaria que se estipule, para facer fronte á compra de máis exemplares, segundo a necesidade de cada curso.
  • Colaborar na organización.
  • Respectar as datas de recollida e entrega dos libros.
  • Cumprir as normas de conservación dos libros:
    • Os libros teñen que estar forrados. Aqueles libros que non se forren levarán unha sanción de 1€ por libro.
    • Os libros terán que devolverse en bo estado. Non se pode escribir neles, nin subliñar, nin maltratalos.
    • A perda ou deterioro dun libro penalizarase con 15€.
  • O alumnado de 4º abonará unha fianza de 20€ que se lle reembolsará cando devolva todos os libros, en bo estado.
  • Admítense doazóns de libros que non serán remuneradas, máis si poderán descontarse da cota no caso de que se leve algún libro para outro curso, na razón de máximo 1 a 1.

Aínda que as normas do banco son para todos, e tendo en conta que o banco de libros é solidario, poderanse estudar casos de necesidades especiais. Se tes algunha dúbida ou problema, por favor ponte en contacto co ANPA por whatsapp no número 644 845 229.

No Internet Connection