Aprobación actas anteriores

Acta da Asemblea Xeral Ordinaria

Data de celebración: 02 de outubro de 2019 ás 19:30 h en 2ª convocatoria.
Lugar: Salón de actos do IES Terra de Turonio de Gondomar.
Asistentes: Paula Campos (presidenta), Elena Vilela (vogal), Yolanda Quinteiro (tesoureira), Beatriz Iglesias (secretaria), Eva Mª Pérez (vogal), da directiva e 31 socias e socios máis.

Temas a tratar:

  1. Lectura e aprobación das actas anteriores. Sometidas a votación quedan aprobadas sen votos en contra nin abstencións.
  2. Presentación do estado de contas e previsión de gastos. A tesoureira explica e proxecta con detalle un documento sobre o estado de contas dende o 15-06-19 ao 30-09-19, desglosando ANPA e BANCO DE LIBROS e sendo este o seguinte:
          Saldo ANPA:                           8.160,25€

          Saldo banco de libros:           10.249,91€       
          SALDO TOTAL:                     18.410,26€

    E da previsión de gastos dende o 01-10-19 ate o 14-06-20 que será de 2.893€ por parte da ANPA e 1.550€ por parte do BANCO DE LIBROS.
    A tesoureira presenta tamén un resumo do BANCO DE LIBROS explicando que o aforro medio para as familias será de 83,74€

  3. Varios. A tesoureira explica que coa implantación de Edixgal en 1º e 2º da ESO a Dirección tomou a decisión de repartir os libros do Fondo das materias que non entraban en Edixgal.
    A continuación relata como fixo a estimación de gastos para as próximas compras de libros. Ante esta estimación a Asemblea toma a decisión de que se incremente a cota extraordinaria a 9€ por libro e de que ANPA doe, ao Banco de libros, 500€ por ano.
    Tamén explica que debido ao aumento do número de alumnado que participa na excursión de fin de curso, é insostible seguir financiándoa do xeito que se facía ate agora.
    Así que informa da decisión de colaborar nos gastos ocasionados na viaxe, cunha partida para entradas, transporte ou calquera outro que se poida xustificar mediante factura.

  4. Proposta de actividades. Enuméranse as actividades propostas para este curso. Ademais das habituais (charlas, Expoturonio, chocolatada) este curso celebrarase o 20 aniversario do IES. Dende a ANPA colaboraremos nos gastos e na organización.
  5. Rogos.
    Unha socia propón organizar actividades dentro do horario lectivo. Respóndeselle que nese horario as actividades as organiza o centro dende a Vicedirección.
    Outra socia pregunta se hai información sobre a excursión de 4º e contéstaselle que mentres non haxa unha proposta, que ten que partir do centro, non se poden tomar decisións.
     A presidenta comenta que se vai a actualizar a páxina web con moita información de interese.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a Asemblea ás 20:30 horas.

Acta da Asemblea Extraordinaria

Data de celebración: 2 de outubro de 2019 ás 20:30 h.
Lugar: Salón de actos do IES Terra de Turonio de Gondomar.
Asistentes: Paula Campos, Elena Vilela, Yolanda Quinteiro, Beatriz Iglesias, Eva Mª Pérez, da directiva e 31 socias e socios máis.
Temas a tratar:

  1. Comunicación de baixas da Xunta Directiva e elección de novos membros de ésta.
    Infórmase das baixas de Eva Mª Pérez Figueira e Mercedes Caamaño Areal por non ter fillos no centro.
    Anímase á participación e apúntanse:
    - Raquel Pereira Cameselle
    - Mª José Misa Domínguez
    - Mª del Rocío Vidal Fernández
  2. Queda renovada a Directiva desta ANPA cos seguintes cargos:
    PRESIDENTA: Paula Campos López
    SECRETARIA: Mª Beatriz Iglesias Núñez
    TESOUREIRA: Yolanda Quinteiro Rendo
    VOGAIS:
    - Soraya Pérez Figueira
    - Raquel Pereira Cameselle
    - Mª José Misa Domínguez
    - Mª del Rocío Vidal Fernández, que será a representante da ANPA no Consello Escolar.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a Asemblea ás 20:45 horas.


Resultado de la votación:

Aprobada por unanimidade.

Sí: 37

No Internet Connection