Proposta actividades 2020/21

Este ano por mor da COVID-19 temos limitadas as actividades que vimos realizando en cursos anteriores.

Neste curso a ANPA recibiu unha subvención” destinada a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia” con un orzamento de 2.965,00€, do cal xa recibimos un 75% , e o 25% restante logo da presentación da documentación xustificativa.

Estes obradoiros se celebrarán entre os meses de outubro e novembro, sempre que a situación o permita. No caso de non poder realizalos por mor da COVID-19 a ANPA ten que devolver o importe da mesma a XUNTA de Galicia.


As accións serán as seguintes:

  • Doce cursos/charlas de teatro y música. Charlas teatralizadas de 50 minutos de duración nas cales se tratará a temática da prevención da violencia de xénero. A través do teatro e da música as charlas serán máis amenas e atractivas para as rapazas e rapaces. Se incluirán as seguintes actividades dentro das mesmas: definición de conceptos, resolución de problemas, debates, análise de contidos de cancións ou anuncios publicitarios televisivos e prensa escrita, debuxos animados, videoxogos, refráns, contos e poesías.
  • Tres obradoiros de “Crea a túa propia curta” de mes de duración cada un e máximo 20 participantes.
    Utilizarase a experiencia real da organización dunha produtora de cinema para que o alumnado descubra os seus comportamentos cotiáns discriminatorios por razóns de xénero.
    A partir deste descubrimento continuarase debatendo sobre a construción social do xénero e as consecuencias que ten para todas as persoas.
    Realizarase unha elaboración conxunta do guión da curta reflexionando sobre as relacións de dominación- submisión presentes nas parellas e familias.
    Tomarase unha decisión sobre a idea que máis lles guste a todo o grupo para o curto comezará o traballo das comisións.
    Finalmente visualizarase a curto gravada de forma crítica, reflexionando sobre o seu contido e establacendo un debate cos asistentes.
  • Unha sesión semanal de 1 hora e media.
  • Unha charla para as nais e pais.

Contaremos para realizar as distintas actividades, talleres e charlas con formadoras en igualdade con alta experiencia no traballo con menores e adultos. Formadas en psicopedagoxía e psicoloxía con formación de anos en igualdade de xénero.

As formacións impartiránse no propio centro educativo en horario escolar cumprindo sempre os protocolos da COVID-19.

Ademáis de esta acción de igualdade, no momento en que a situación o permita valoraremos a realización de outras charla para pais, así como a chocolatada de nadal de todos os anos mantendo en todo momento os protocolos  de adaptación ao contexto da COVID-19 .

Estamos coordinados co centro para levar a cabo outras charlas para o alumnado en horario escolar.

Tamén estamos en contacto coa oficina da OMIX para realizar as seguintes charlas:

  • FALAMOS: traballando no respecto. Dirixido ao alumnado de 1º ou 2º da ESO ( que o centro escollerá) e con tres temáticas das cales o centro escollerá unha  e será traballada en oito charlas obradoiros. Catro obradoiros por clase da temática escollida.
  • FALAMOS: Pensando no meu futuro. Dirixido ao alumnado de 3º ou 4º da ESO ( que o centro escollerá) cunha charla obradoiro da temática escollida polo centro baseada no coñecemento das novas profesións do futuro en España e en Galicia, perfís profesionais que se van buscar e formación que debería realizar. Cando o centro escolla realizaranse dúas charlas por centro da mesma temática.
  • FALAMOS: Conflitos na adolescencia. Dirixido os Pais/Nais dos centros educativos e é aquí onde solicitamos a vosa colaboración tanto no chamamento das familias como a organización cos centros. Sería unha charla de 1,50m por centro. Esta charla tería dúas partes. Por unha banda, falaríase desa etapa da adolescencia, dando a coñecer as familias os cambios que se suceden  e como estar preparados , tentando desmitificar esa etapa como algo negativo.
     Tamén tentaremos espertar nos pais e nais posibles signos de alarma a detectar que os fillos nos transmiten. E a segunda parte da charla sería profundizar na temática escollida polo centro para os cursos de 1º e 2º ESO
No Internet Connection