Colabora Connosco
Asistindo ás reunións periódicas da ANPA.
Asistindo ás asembleas que se convocan ao longo do curso.
Participando nas actividades que se organicen.
Usando o buzón da ANPA, onde podedes deixar notas, comentarios, suxestións, ideas, críticas, propostas...
Usando recursos como este blog e a conta de correo da ANPA.
Hai tantas formas de colaborar como pais e nais. Podes propoñer a túa.
E se queres facelo pero non podes, contacta connosco e buscaremos xuntos unha solución.
Como facerse socio do ANPA
As familias que teñan un ou máis nenos estudando no IES Terra de Turonio poderán facerse socias do ANPA e gozar das vantaxes que isto implica, como a de participar no Banco de Libros, etc.
Se aínda non sodes socios e queredes selo:
Deberedes de facer o seguinte:
- Graba o teléfono do ANPA, 644 845 229, nos teus contactos. Se non o fas non recibirás as mensaxes que enviamos a todas as familias.
- Envíanos un whatsapp cos seguintes datos:
- O teu email, imprescindible para crear o teu usuario na aplicación.
- O nome, apelidos e curso dos teus fillos, para crear o voso contacto de whatsapp.
Unha vez recibida a vosa solicitude, crearémosvos un usuario, e recibiredes un email coa información necesaria para que poidades entrar na plataforma do ANPA, onde xestionaredes os vosos datos, o cambio de curso dos vosos fillos, os libros que vos interese pedir no banco, etc. Por isto, é moi importante que te asegures de que o email indicado é correcto.
Se xa sodes socios e queredes renovar:
Entra na plataforma co voso usuario e contrasinal e confirma que queredes ser socios no vindeiro curso. Non esquezas indicar o novo curso dos vosos fillos e reservar os libros se os necesitades.