Recollida libros ANPA

Autor Paula
Visitas: 57

O alumnado de 4° da ESO aproveitando que o día 22 teñen que devolver os ordenadores, en horario de 16:30 a 18:30, tamén recolleremos os libros de este curso e devolveremos a fianza depositada.
E a recollida de libros para o alumnado de 1°,2°e 3° realizarase o día 21 en horario de mañán nas aulas, así que non esquezades enviarlle os libros aos vos@s fill@s. Pasaremos polas clases a recollelos e comprobar que cada alumno/a entrega o que lle corresponde.
Para asegurarvos de que libro é da ANPA, podedes entrar na app mi.ampafacil.com e corroborar o código do libro.

CALENDARIO FINAL DE CURSO 2021-2022

Autor Paula
Visitas: 36

1. As notas entregaranse en papel e pulblicaranse en Abalar. Coas notas finais entregarase o Consello Orientador.

2. No período de reforzo e ampliación a asistencia a clase de todo o alumnado é obrigatoria.

3. Os impresos de matrícula estarán colgados na páxina web do IES, para descargalos ou poderán recollerse en papel na secretaría do centro

páxina centro

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR XUNTA

Autor Paula
Visitas: 42

Segundo a Orde do 29 de abril de 2022, ábrese o prazo para a solicitude de axudas de material escolar.

PRAZO: DENDE O 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO.

A solicitude pódese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365 co código de procedemento ED330B. Igualmente pódese presentar en papel na secretaría do centro co impreso que se pode descargar do ficheiro adxunto (ANEXO I e II).

Para acceder á orde pódese facer dende aquí

CHARLA DROGAS E ALCOL

Autor Paula
Visitas: 44

Dentro do ciclo de coferencias impartidas pola Garda Civil, o xoves 21 de abril de 17 a 19 horas, na sala de audiovisuais dará unha charla sobre

" O PERIGO DAS DROGAS E ALCOL"

A charla enmárcase no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas
Entre os consellos que se darán na charla están os seguintes:
O seu consumo ten consecuencias moi graves para a túa saúde. Non te creas as marabillas que produce o seu consumo. Son mentira. Crean unha forte dependencia e adicción.
Para conseguilas pódeste ver obrigado a cometer delitos. As drogas e o alcol poden causar graves danos ao teu cerebro e modificar o teu comportamento, aínda que só as tomes as fins de semana.
Podes arruinar a túa vida e a dos que che queren (familia, amigos, compañeiros, etc.). E non toleres o tráfico de drogas nos recintos escolares, pensa nos máis novos. Comunica estas situacións aos profesores, aos pais ou ás forzas de seguridade, a túa axuda é necesaria.

DOAZÓN XOGOS AO IES

Autor Paula
Visitas: 54

Despois do Nadal a ANPA fixo entrega ao departamento de orientación dun lote de xogos varios e xedrez para o lecer do alumnado.IMG 20220118 WA0005 1

SUBVENCIÓN IGUALDADE

Autor Paula
Visitas: 46

SegúnRESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, A xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Pontevedra é competente para resolver este expediente por delegación da secretaria xeral de Igualdade, segundo o disposto no artigo 14.1 e na
disposición adicional única da resolución de convocatoria.
De acordo con todo o anteriormente indicado,Conceder unha axuda para realización de para actividades, o programa denominado AXENDANDO A IGUALDADE por importe de 2999.70 €, resultado da aplicación do disposto para o calculo da contía nos artigos 2, 5, 12 e 13 da resolución de convocatoria. 

ENTREGA LIBROS E ORDENADORES

Autor Paula
Visitas: 57

ENTREGA DE LIBROS ANPA
O martes 21, de 17:00 a 19:00 entregaremos os libros do banco de libros da ANPAno instituto.

O centro tamén fará entrega dos ordenadores de 1º, 4º e alumnado de nova matriculación no mesmo horario, recordade levar DNI, e bolígrafo.

No Internet Connection