Charlas da OMIX para o as familias do IES Terra de Turonio na sala do Neural o venres día 11 /12/20 de 19.30- 21.00h Conflitos na adolescencia………Intelixencia emocional”.
ORDE DO 6 DE NOVMEBRO DE 2020 POLA QUE SE REGULA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
O venres 13 de novembro vénse de publicar a orde do 6 de novmembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
SOLICITUDES:
1. O alumnado que foi beneficiario da axuda do material de libros neste curso, non ten que presentar solicitude.
2. O alumnado que non foi beneficiario e cumpra algunha destas condicións: familia con renda per cápita inferior a 6.000€, alumnado de educación especial, alumnado suxeito a tutela da Xunta ou alumnado con grao de discapacidade do 65%.
PRAZO: dende o día 16 ata o 27 de novemebro.
LUGAR: na secretaría do centro unicamente de forma presencial.Impreso
No DOG do 12 de Novembro de 2020 ven de publicarse a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019-2020. O exalumno do centro D. Josué Troncoso Campos resultou garlardonado cun destes premios, que están dirixidos a alumnado que destacase polo seu rendemento académico na ESO, como foi o caso de Josué. Este alumnado ten que superar unha proba na que demostren os seus coñecementos e habilidades adquiridas na etapa. Os 20 millores de Galicia levan un premio que ten unha dotación económica e un recoñecemento no expediente. Os nosos parabéns!!! E os millores desexos para a prometedora traxectoria deste excelente alumno
Despois da resolución da concesión de subvención, da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención de violencia de xénero a nosa ANPA, xa están en marcha unha serie de charlas para o alumnado. Se están a desenrolar en horarios de titorias entre o alumnado do centro.
O luns 28 comezou o comedor. Por mor das limitacións de espazo para poder manter o distanciamento social de 1,5m o servizo realizase na cafetería (1 e 2º de ESO) e na sala de profesorado (3º e 4º de ESO).
O comedor escolar de xestión indirecta do centro está xestionado e contratado pola Consellería de Educación e réxese por unha normativa específica recollida no DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. Así mesmo, temos que ter en conta a normativa específica para este ano:
INSTRUCIÓN 3/2020, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 16 DE XUÑO, SOBRE UNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2020-2021
PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DATRANSMISIÓN DA COVID-19 NOS COMEDORESDOS CENTROS EDUCATIVOS NON UNIVERSITARIOS
Despois de comezar o curso, temos que ter especial coidado en detectar posibles casos positivos de COVID por iso lembramos unha vez máis o que hai que facer en caso de que algún alumno/a ou alguén da súa contorna próxima tal como asinastes na declaración responsable:
-Se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19, poñéndose en contacto co seu pediatra e con algunha das persoas membros do equipo COVID do centro educativo (a dirección)
-Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro (a directora).
Na presentación que vos amosamos a continuación esperamos resolver algunhas dúbidas deste protocolo Covid que atinxe ás familias, así como a autoavaliación que debemos facer todos os membros da comunidade educativa antes de acudir ao centro. Protocolo