LIBROS FUNXIBLES

Autor Paula
Visitas: 239

No seguinte enlace podedes consultar o listado de material non reutilizable, libros funxibles que tedes que mercar , non o stemos na ANPA .

Material non reutilizable

 

Resultado de imagen de libros texto

AXUDA

Autor Paula
Visitas: 320

Neste enlace podedes consultar os videos explicativos para cambio de curso e solicitar os libros.  axuda

Nova cota libros

Autor Yola qr
Visitas: 269

Na Asamblea do pasado venres 15 de xuño, acordouse que a nova cota será de 8€ por libro.

Ler máis...

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO

Autor Paula
Visitas: 226

Recordamos que a devolución de libros de texto tanto da ANPA como do IES se fará o vindeiro martes 26 de xuño de 18h a 20 h , só para os que aproven todo en xuño

REUNIÓN NOVAS MATRICULACIONS

Autor Paula
Visitas: 186

Estimadas familias, a ANPA MIÑOR do IES Terra de Turonio convida as familias do alumnado de sexto de primaria a asistir a una xuntanza que terá lugar o vindeiro venres 15 de Xuño , as 18.00 horas, na sala de audiovisuais do propio instituto. Na mesma falaremos do funcionamento do Banco de Libros da ANPA, onde esperamos resolver as vosas dúbidas.
Recordamos que o prazo para a solicitude do fondo de libros solidario da XUNTA remata o 22 de Xuño.
As datas preferentes para formalizar a matrícula no curso de 1º da ESO son o 27 e 28 de Xuño en horario de 9:30 a 14:30h na secretaría do IES.
Un saúdo
A directiva

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 20 DE XUÑO

Autor Paula
Visitas: 213

Pola presente, convocamos a todos os/as socios/as do alumnado do IES TERRA DE TURONIO a unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, a celebrar o vindeiro VENRES, DÍA 15 DE XUÑO, ás 18:45 horas en primeira convocatoria e ás 19:15 horas en segunda convocatoria, no salón de actos do instituto, coa seguinte orde do día:
• Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
• Presentación do estado de contas do curso 2017/18.
• Banco de libros.
• Memoria actividades curso 2017/18.
• Proposta actividades extraescolares próximo curso.
• Rogos e preguntas.
O rematar a mesma, procederemos a celebrar unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA coa seguinte orde do día:
• Aprobación cota libros.
• Excursión 4º da ESO.
Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a vosa asistencia.
Un saúdo,

EXPOTURONIO

Autor Paula
Visitas: 303

Expo Turonio

ExpoTuronio mostra pola mañán a actividade do instituto gondomarés.

Ler máis...

Fondo libros Xunta

Autor Paula
Visitas: 218

Xa están publicadas as bases para participar no fondo solidario de libros de texto e material escolar da Xunta, para acceder a elas preme no seguinte enlace,

 Fondo libros.

arbol de libros

NEUROEDUCACIÓN E NEUROMITOS

Autor Paula
Visitas: 191

NEUROEDUCACIÓN E NEUROMITOS

Estimadas familias o vindeiro xoves 22 de marzo ás 17:00 horas na sala de audiovisuias do IES, terá lugar unha charla educativa sobre NEUROEDUCACIÓN, impartida polo Dr e investigador CARLOS SPUCH.
O cerebro é un dos grandes órganos do noso corpo e o máis descoñecido. A pesar de que estamos metidos na idade das neurociencias, é unha máquina tan complexa e tan difícil de comprender que cada ano se descobren cousas novas sobre el. Isto tamén axudou a que durante os últimos anos se digan moitas verdades que non o son, por exemplo, usamos o 10% do cerebro ? a música clásica nos fai máis intelixentes? cantas neuronas temos?é importante o tamaño cerebral?
Tendo en conta a idade dos noso fillos e adaptándonos aos seus coñecementos, o Dr Carlos Spuch tratará de explicar de forma interactiva, como funciona o noso sistema nervioso, como é o noso cerebro a diferentes idades, ou como o fixo na evolución, e sobre todo como podemos aplicar este coñecemento fronte á educación dos nosos fillos.

Cartel charla

CAMIÑO O BO TRATO

Autor Paula
Visitas: 218

Este mércores 28 de febreiro a partir das cinco da tarde, terá lugar un obradoiro de sensibilización e perevención de viloencia de xénero impartida pola A22008308 1174988372638706 4393890136575533044 nsociación rede de mulleresveciñais contra os malos tratos de Vigo.

No Internet Connection