ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Preme no seguinte enlace
Estimadas familias, como ben sabedes o pasado mes de novembro a ANPA ofertou una charla sobre a adolescencia impartida por ABC Children, na mesma xurdiron preocupacións sobre o uso dos móviles e dispositivos electrónicos, para resolver as vosas dúbidas imos ofertar uns talleres organizados polo mesmo equipo baseado na comunicación. Consta de catro sesións, unha semanal, comezaría o martes 20 de febreiro de 17.00 a 19.00 h no propio IES. O primeiro taller o subvenciona a ANPA e o resto ten un prezo de 10€ por sesión. Dado que estos temas nos preocupan a maioría dos pais agradeceríamos a vosa participación e nos comuniquedes a asistencia para poder facer mellor a progarmación. Confirmade asistencia antes do luns 19 no teléfono da ANPA 644845229 ou no enderezo electrónico. TALLER ADOLESCENCIA:NOVAS TECNOLOXÍAS HAI DISCUSIÓNS EN CASA POR UN USO EXCESIVO DAS TIC´ S? GUSTARÍAVOS MANEXAR A SITUACIÓN PERO DESBÓRDAVOS?

Debido a que está aberto o prazo para solicitar reserva de praza e como sabemos das inquedanzas que conleva un cambio de ciclo e de centro dos vosos fillos/as , o centro convoca a unha reunión informativa para ter unha primeira toma de contacto para resolver todas as dúbidas e incertezas que teñades sobre o funcionamento do instituto.
O día 6 de febreiro ás 12:30 na sala de audiovisuais.
Estimadas familias, este ano imos facer un CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO, o obxecto desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar dita festa.
Estimadas familias, o xoves 21 pola mañán a ANPA invita ó alumnado a unha chocolatada no patio do IES tamén haberá rosquillas para mollar. Se algún neno ou nena tivese algunha intolerancia a algún alimento ,debería poñerse en contacto connosco. Esperamos que os guste e aproveitamos para desexarvos unhas Felices Festas !!
Estimados socios/as Este ano por primeira vez en Nadal, colaboraremos coa Operación Quilo destinada a recoller alimentos para persoas necesitadas da nosa contorna. O punto de recollida será no IES , os próximos días 1, 4 e 5 de decembro en horario de 9:30 a 13:30 , e o luns tamén en horario de tarde de 17:00 a 19:00.