Xa está no centro o listado da resolución das axudas para adquirir material escolar, os vales se poden recoller a partir do 22 de xullo na secretaría do centro.
O alumnado de 4° da ESO aproveitando que o día 22 teñen que devolver os ordenadores, en horario de 16:30 a 18:30, tamén recolleremos os libros de este curso e devolveremos a fianza depositada. E a recollida de libros para o alumnado de 1°,2°e 3° realizarase o día 21 en horario de mañán nas aulas, así que non esquezades enviarlle os libros aos vos@s fill@s. Pasaremos polas clases a recollelos e comprobar que cada alumno/a entrega o que lle corresponde. Para asegurarvos de que libro é da ANPA, podedes entrar na app mi.ampafacil.com e corroborar o código do libro.
Segundo a Orde do 29 de abril de 2022, ábrese o prazo para a solicitude de axudas de material escolar.
PRAZO: DENDE O 19 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO.
A solicitude pódese presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365 co código de procedemento ED330B. Igualmente pódese presentar en papel na secretaría do centro co impreso que se pode descargar do ficheiro adxunto (ANEXO I e II).
Dentro do ciclo de coferencias impartidas pola Garda Civil, o xoves 21 de abril de 17 a 19 horas, na sala de audiovisuais dará unha charla sobre
" O PERIGO DAS DROGAS E ALCOL"
A charla enmárcase no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas contornas Entre os consellos que se darán na charla están os seguintes: O seu consumo ten consecuencias moi graves para a túa saúde. Non te creas as marabillas que produce o seu consumo. Son mentira. Crean unha forte dependencia e adicción. Para conseguilas pódeste ver obrigado a cometer delitos. As drogas e o alcol poden causar graves danos ao teu cerebro e modificar o teu comportamento, aínda que só as tomes as fins de semana. Podes arruinar a túa vida e a dos que che queren (familia, amigos, compañeiros, etc.). E non toleres o tráfico de drogas nos recintos escolares, pensa nos máis novos. Comunica estas situacións aos profesores, aos pais ou ás forzas de seguridade, a túa axuda é necesaria.
SegúnRESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, A xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Pontevedra é competente para resolver este expediente por delegación da secretaria xeral de Igualdade, segundo o disposto no artigo 14.1 e na disposición adicional única da resolución de convocatoria. De acordo con todo o anteriormente indicado,Conceder unha axuda para realización de para actividades, o programa denominado AXENDANDO A IGUALDADE por importe de 2999.70 €, resultado da aplicación do disposto para o calculo da contía nos artigos 2, 5, 12 e 13 da resolución de convocatoria.